Pasaron moitos, moitos anos. Recordos imborrables, emocionantes, cargados de aires de liberdade.
A identidade cultural do extremo occidental de Europa, con mirada atlántica provoca un sentir común, vinculado a unhas raíces culturais.: Asturias, Galicia, A Bretaña, País de Gales,Cornualles, Illa de Man, Irlanda e Escocia.
Un nexo entre a música celta e as crenzas no sobrenatural. Os druídas e poetas. O mundo celta describe un mundo imaxinativo, máxico, que se transmite boca a boca.
As premonicións da morte están presentes (A Estadeira); un ser sobrenatural que te segue cando vas morrer. A orcabella con poderes dabondo para destruírte con só mirarte; os meigallos, ás xans. Un mundo máxico, fantástico.
A música é xenuína, penetrante. Sentimento. A gaita é sen dúbida o instrumento musical da música celta; a arpa, tamén.
Estiven nos anos 1978, 1979 e 1980; o nacemento, as orixes. Anos intensos, indecisos, e moi críticos co status quo; moitas veces estabamos equivocados pero eramos sinceros. Festivais inesquecibles, festivais de sensacións fortes.
Recordo a Emilio Cao, Antón Seoane, Milladoiro, Xocaloma, Crómlech, Swensea Jack, Pat Kilbride, The Culta.....
Un festival vivo, en alza, de interese. Un evento estival imprescindible e un dos principais festivais de música folclórica do mundo.