Eu tamén estiven no Festival do Mundo Celta en Ortiguiera.
|
Pasaron moitos, moitos anos. Recordos imborrables, emocionantes, cargados de aires de liberdade. A identidade cultural do extremo occidental de Europa, con mirada atlántica provoca un sentir común, vinculado a unhas raíces culturais.: Asturias, Galicia, A Bretaña, País de Gales,Cornualles, Illa de Man, Irlanda e Escocia. Un nexo entre a música celta e as crenzas no sobrenatural. Os druídas e poetas. O mundo celta describe un mundo imaxinativo, máxico, que se transmite boca a boca. As premonicións de morte están presentes (A Estadeira); un ser sobrenatural que te segue cando vas morrer. A orcabella con poderes dabondo para destruírte con só mirarte; os meigallos, ásXans. Un mundo máxico, fantástico. A música é xenuína, penetrante. Sentimento. A gaita é sen dúbida o instrumento musical da música celta; a arpa, tamén. Estiven no ano 1978,1979 e 1980; o nacemento, as orixes. Anos intensos, indecisos, e moi críticos co status quo; moitas veces estabamos equivocados pero eramos sinceros. Festivais inesquecibles, festivais de sensacións fortes. Recordo a Emilio Cao, Antón Seoane, Milladoiro, Xocaloma,Crómlech, Swensea Jack, Pat Kilbride, The Culta..... Un festival vivo, en alza. De interese. 30ª Edición Festival Ortigueira 2014 |
Noticias,Opiniones y comentarios, de todo y de nada. Rutas de montaña y senderismo. PICÓN 2079 metros