Un domingo dedicado a coñecer Celanova. Unha visita organizada polo Club Pena Trevinca Barco, do que formamos parte. Iniciamos a marcha sobre as dez da mañá, con chuvia moderada e temperatura agradable. Como resumen, citar lugares singulares que visitamos: A Obra, o pobo de Castromao, Castromao arqueolóxico, Vilanova dos Infantes e A Coutada.
Despois dunha comida reparadora iniciamos unha visita cultural: Casa dos Poetas e San Rosendo.
Celanova é unha das vilas galegas con máis tradición cultural. Numerosas actividades, iniciativas de recuperación de edificios, lugares singulares e numerosas actividades culturais fan de Celanova un lugar para que sexa visitado.
Celanova é a vila dos poetas: Xosé Luís Méndez Ferrín, ata pouco Presidente da Real Academia Galega, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Paulino Vázquez, son unha carta de presentación única.
TRACK DE LA RUTA
TRACK DE LA RUTA