VISITAS AL BLOG

martes, 24 de septiembre de 2013

PRAIA DAS CATEDRAIS-AUGAS SANTAS RIBADEO

Sábado 21 setembro 2012
Viaxamos a costa lucense do concello de Ribadeo para disfrutar das marabillas diste recuncho de Galiza. Un lugar visitado por milleiros de persoas; no fai falta track para percorrer a “Ruta da Costa” de 16 km que vai dende a Praia das Catedrais-Augas Santas ata a Vila mariñeira de Ribadeo ou viceversa. É unha ruta moi fácil e a dificultade pode estar na distancia; unha boa idea é facela nun só sentido e aproveitar a liña do ferrocarril que discurre pola costa. No traxecto hai calas, recunchos máxicos, praias de areas brancas e cantís cunha morfoloxía espectacular.
Hai tramos asfaltados e de madeira con moitas áreas de descanso e bastantes establecementos hoteleiros. É importante ter en conta as horas de baixamar e preamar para admirar estas esculturas naturais. É recomendable levar algunha peza de abrigo para protexerse da brisa mariña. Un lugar de obrigada visita. Algúns lugares da zona: As Catedrais, Esteiro, As A Illas, Rinlo, Areosa, Ribadeo.