lunes, 30 de marzo de 2015

FADO - REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS - PORTUGAL DEMOCRÁTICO - ZECA AFONSO - FADO LISBOETA

25 de abril de 2014
Revolución dos Caraveis do 25 de Abril é o nome dado ao levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída en Portugal da ditadura salazarista que dominaba o país dende 1926. O fin deste réxime, coñecido como Estado Novo, permitiu que as últimas colonias portuguesas lograsen a súa independencia tras unha longa guerra colonial contra a metrópole e que Portugal mesmo se convertese nun estado democrático.
Son da raia, supuxo unha muda infinita: que os rapaces veciños do outro lado da raia non tiveran que marchar a loita colonial. Hoxe é un día inesquecible. Zeca (Vila Morena) é un canto de liberación. Poño un mix de fados lisboetas que tanto me gustan.