VISITAS AL BLOG

domingo, 23 de noviembre de 2014

DOUS NOVOS SENDEIROS NO CONCELLO DE PONTEDEVA (OURENSE)

Concello de Pontedeva (Ourense)
Boas noticias. Hai dous novos sendeiros de pequeno percorrido no Concello de Pontedeva, da provincia de Ourense para o desfrute de todos os montañeiros, senderistas e excursionistas en xeral. Un Concello fermoso, diverso, con encanto e coa mención especial ao Río Deva. Parabens e felicitacións para os gobernantes deste Concello.
Dous sendeiros o PR-gr 175 e o PR-gr 176 cos nomes de Ruta de San Xusto e Ruta do Río Deva, respectivamente, acondicionados pola empresa especializada Segatur, sendo o promotor deste proxecto o Concello de Pontedeva coa achega de fondos de de Feader, Marm e Agader. Recuperar patrimonio natural e cultural, camiños e sendeiros para ser utilizados por todos os veciños e visitantes. Unha localidade recomendada para visitar.
Recoméndovos ollar os enlaces para ter unha información máis ampla destes dous novos sendeiros: