VISITAS AL BLOG

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - RICARDO CARVALHO CALERO

Fuente: Archivo:Ricardo Carballo Calero, cancelación de antecedentes penales 22-5-1963
Wikipedia.org
Después de recibir la represión fe la dictadura. Combatió en el bando de la República, siendo encarcelado por el régimen Franquista. No consiguió volver a la docencia hasta los años 50 en el colegio privado, rural y mixto de Fingoi (Lugo). “Nos enseñaba a hablar, a recitar, a pensar, a imaginar, a tener criterio”, ensalza a su profesor la escritora Carmen Blanco.

A Real Academia Galega celebrou hoxe o Día das Letras Galegas que este ano dedica a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) cunha homenaxe ao pé do que foi o seu fogar en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde. O acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral debido ao estado de alarma declarado pola pandemia de coronavirus, que obrigou a adiar ata outubro o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio que ía ter lugar en Ferrol, a localidade natal do homenaxeado. "Achegámonos a este lugar para ofrecer un ramo de flores na memoria de Ricardo Cavalho Calero nun sinxelo acto cheo de afecto, admiración e agradecemento. Moitos de nós fomos alumnos seus, lembramos o seu maxisterio, o seu traballo, a súa lealdade á causa de Galicia, o seu compromiso e a súa esixencia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos certamente extraordinaria, monumental, moito máis se consideramos as circunstancias nas que a foi construíndo", salientou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Tras as súas palabras, a académica Margarita Ledo Andión deu lectura a un poema do homenaxeado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario