VISITAS AL BLOG

Mostrando entradas con la etiqueta ARTESANÍA GALEGA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ARTESANÍA GALEGA. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de abril de 2014

XUNTA DE GALICIA - FEIRA DE ARTESANÍA DE OURENSE - FELICITACIÓNS AS AUTORIDADES POLO PRIMEIRO PLAN DE ARTESANÍA DE GALICIA

A Xunta salienta o papel da Feira de Artesanía de Ourense na promoción e a comercialización do produto artesán galego.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na inauguración da XVIII edición da Feira de Artesanía de Ourense o importante papel que xoga este evento organizado pola Asociacion de Artesáns de Ourense na promoción e comercialización do produto artesán galego, contribuíndo ao reforzo do sector.
No acto, no que tamén participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, Vázquez Abeal lembrou que precisamente o fortalecemento da comercialización é unha das liñas de acción contempladas no primeiro Plan de Artesanía de Galicia, que se vén de poñer en marcha co obxectivo de conseguir un sector artesán sólido e sostible no tempo e que contribúa ao crecemento da economía galega, incidindo na competitividade empresarial e a potenciación do talento galego.
Na feira inaugurada hoxe, 26 de abril de 2014 e que se celebrará ata o 4 de maio na avenida de Pontevedra, participan un total de 35 expositores. Poden atoparse produtos elaborados á man en materiais como o coiro, a madeira, a cerámica, o téxtil e o vidro; ademais de pezas de xoiería e bixutería.
O espazo de exposición e de venda directa compleméntase coa celebración de talleres de artesanía en vivo todos os días da feira en oficios de cestería, elaboración de instrumentos musicais, centón ou talla de madeira, entre outros; así como sorteos diarios das pezas que se elaboren nestes obradoiros.
Fonte: Nota prensa Xunta Galicia