Domingo día de Reis; dirixímonos ao concello de San
Amaro para cumprir coa nosa paixón como son as actividades de montaña. Tocaba
Lansbrica, San Trocado e vértice xeodésico como lugares de especial relevancia.
Visitar a Cidade de San Cibrán de Las é case unha obriga, para coñecer un
pouquiño do final da cultura castrexa e a súa posterior romanización. Dende o
vértice xeodésico as vístas son excepcionais en toda a contorna. Proseguimos a
nosa viaxe por terras de Punxín e San Amaro configurando unha ruta circular, de
doada progresión e por paraxes de singular beleza. Aldeas con encanto, casas
típicas onde a pedra é elemento principal na construción. Unha actividade
doada, inferior a quince quilómetros.
Como complemento dous enlaces a visitar: