O Consello de Ministros do pasado venres aprobou o
Real Decreto 1717/2012, do 28 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo
interprofesional para 2013 en 21,51 euros diarios ou 645,30 euros mensuais.
Trátase dun incremento do SMI do 0,6% equivalente ao
incremento máximo dos salarios pactados no II Acordo para o emprego e a
negociación colectiva 2012-2013-2014, asinado o 25 de xaneiro de 2012. A proposta
foi consultada coas organizacións sindicais e empresariais máis
representativas.
Mentres que o Goberno considera que ese acordo está a
dar bos resultados en materia de moderación salarial, está a facilitar melloras
na competitividade e contribuíndo á recuperación económica, CCOO considera
insuficiente o incremento do SMI, e sinala que "previsiblemente supoñerá
novas perdas de poder adquisitivo para os traballadores que teñen este salario
como referencia, que se suma ás que xa soportaron en 2012 (cando o SMI se
conxelou e os prezos aumentaron un 2,9% interanual) e anteriormente en 2010 e
2011, anos nos que o forte aumento do IPC unido ao moderado incremento nominal
do SMI, orixinaron unha perda do seu poder real.
No hay comentarios:
Publicar un comentario