Sábado, 5 de xaneiro. Tocaba botas, mochila e bastóns;
saímos cedo para chegar A Rúa ás oito e media da mañá. Día frío con néboa nas
ribeiras do Sil. Decidimos coñecer o triángulo formado por La Rúa, Petín e
Larouco. Iniciamos a marcha na estación de ferrocarril e atravesamos o rio Sil
pola ponte da Cigarrosa cara a Petín, Famundín, Navalleiro para chegar ao lugar
de Portela de Portomourisco para continuar por Fonte dá Luz e Alto do Barreiro.
Chegamos a Larouco cun sol de xustiza, claro e nítido. Ao longo deste traxecto
pódense ver as florecentes plantacións de viñas, intercaladas con viñas quizais
centenarias como contrastes cos modernos viñedos. O día invitaba o traballo de
poda e ata; numerosas persoas dedicadas a esta actividade salpicaban as grandes
superficies vitivinícolas.
Na Praza de Larouco, na fonte, aproveitamos para unha
simple sesión de fotos, cun sol radiante. Seguimos o noso camiño como seguinte
destino ao pobo de Seadur para continuar ao punto de partida. Vinte e un
quilómetros realizados con paso lento, charlando, gozando intensamente dun
soleado día de inverno, que invitaba á reflexión.
Unha vez rematada a nosa actividade comemos os
tradicionais bocadillos de queixo e xamón. Os catro non dixemos nin mu, ata dar
conta do bocata.
TRACK DE LA RUTA
TRACK DE LA RUTA