VISITAS AL BLOG

martes, 15 de enero de 2013

CARBALLIÑO: CAMIÑO NATURAL DOS ARRIEIROS



Este sendeiro forma parte da Rede de Camiños Naturais promovidos polo Ministerio de Medio Ambiente, de cuxa páxina web podedes sacar máis información e o mapa da ruta, o cal aconsello aos que fagan a ruta sen GPS xa que o percorrido ten algunhas derivacións e variantes. 
Nos paneis informativos da ruta lese o seguinte:
"O Camiño Natural dos Arrieiros é unha posta en alza de espectaculares paraxes naturais abundantes en flora autóctona, viñedos, aldeas e un importante patrimonio para ser admirado por veciños e vistantes. O seu percorrido componse dun camiño principal de 9 Km entre Fonteantiga-Mesego-Varón e 5 km de subtramos por diversas localidades.
Trátase dun camiño natural asentado sobre un antigo camiño real da época medieval denominado "Ruta dos Arrieiros". Este camiño xurdíu polo interese de comercializar o viño do Ribeiro que tiñan os mosteiros cirtercienses da comarca. Así, dende o século XIV, e grazas a demanda crecente deses viños en boa parte de Europa, esta vía de comunicación adquiriu un enorme auxe.
É a partir do século XVII co peche dos mercados ingleses e portugueses é cando este comercio desvíase cara o interior abandonando esta ruta que transcorre por paraxes de enorme interese paisaxístico e ambiental, situados nun área de transición entra as terras baixas do Ribeiro e a montaña.
Trátase dun territorio de encontro e transición entre as terras do val vinícola do Ribeiro e as terras do pan do Carballiño, organizadas sobre un eixe que recorre o regato do Barón no seu discorrer polo amplo val tectónico onde brotan manantiais mineralizados.
As rutas discorren por terras de bocarribeira con intensa humanización e habitadas dun modo sustentable ata mediados do século XX, momento no se vive un proceso de emigración de tal intensidade que orixinou que boa parte das aldeas que recorremos pola ruta se encontren practicamente deshabitadas, mantendo intacto a trama do hábitat tradicional das estructuras graníticas dominantes".

No hay comentarios:

Publicar un comentario