Hoxe é
día de San Blas; dirixímonos ao concello dos Blancos para subir ao alto da
Raíña Loba no monte de Cebreiro. Un percorrido fermoso e doado nun domingo
frío, con nubes e claros que invitaba a camiñar de xeito pausado. Partimos de
Fontearcada sobre as nove da mañá para ascender con tranquilidade ata o alto da
Raíña Loba, pasando pola fonte Valdrei, fonte da Cunca e penedo das Fatigas.
Sobre a Raíña Loba existen lendas, por exemplo no enlace: