VISITAS AL BLOG

miércoles, 25 de septiembre de 2013

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Domingo, 22 setembro do 2013
Fomos a San Cibrao das Viñas para camiñar polas fermosas rutas de sendeirismo recuperadas polo Concello. Ao longo das distintas rutas, atoparás numerosos puntos de interese, tanto pola súa beleza paisaxistica como pola sua riqueza cultural, destacando entre outros, paraxes, igrexas e pazos. A continuación podes ver en imaxes, algúns destes puntos de interese do percorrido feito odomingo 22 de setembro do 2013 e que se corresponde co da 7ª Andaina  realizada en data recente. Agradecemento o Concello polo ben que están os distintos tramos que nacen na Boutureira (Tramos A, B e C) e por ter unha especial sensibilidade polo medio natural.

TRACK DE LA RUTA












































martes, 24 de septiembre de 2013

PRAIA DAS CATEDRAIS-AUGAS SANTAS RIBADEO

Sábado 21 setembro 2012
Viaxamos a costa lucense do concello de Ribadeo para disfrutar das marabillas diste recuncho de Galiza. Un lugar visitado por milleiros de persoas; no fai falta track para percorrer a “Ruta da Costa” de 16 km que vai dende a Praia das Catedrais-Augas Santas ata a Vila mariñeira de Ribadeo ou viceversa. É unha ruta moi fácil e a dificultade pode estar na distancia; unha boa idea é facela nun só sentido e aproveitar a liña do ferrocarril que discurre pola costa. No traxecto hai calas, recunchos máxicos, praias de areas brancas e cantís cunha morfoloxía espectacular.
Hai tramos asfaltados e de madeira con moitas áreas de descanso e bastantes establecementos hoteleiros. É importante ter en conta as horas de baixamar e preamar para admirar estas esculturas naturais. É recomendable levar algunha peza de abrigo para protexerse da brisa mariña. Un lugar de obrigada visita. Algúns lugares da zona: As Catedrais, Esteiro, As A Illas, Rinlo, Areosa, Ribadeo.