VISITAS AL BLOG

domingo, 20 de octubre de 2013

CABEIRAS-SAN FINS-CERDEIRAS-O REGUIÑO-A FENTEIRA: ARBO-AS NEVES (PONTEVEDRA)


Domingo, 20 de outubro de 2013
Hoxe viaxamos á bisbarra de Paradanta para realizar un percorrido aleatorio e como punto de referencia o alto de San Fins. Partimos do campo da festa en Cabeiras, en ascenso lento e continuado ata chegar a San Fins. Un miradoiro dende o que se considera unha das mellores vistas sobre o río Mino. Ademais do miradoiro está a capela de San Fins que ten moitos devotos e avogado das doenzas da cabeza. Parece ser que os que van ofrecidos soben a pé cunha tella na cabeza. San Fins pertence á parroquia de Cabeiras do concello de Arbo.
Proseguimos o noso camiño improvisado, polo inconveniente dos cazadores, situados en distintos lugares do monte. Buscamos a aba sur do Paradanta con destino á parroquia de Cerdeira xa do concello de As Neves. Un pobo típico de montaña, posiblemente o máis alto deste Concello, pasando polos lugares de Cerdeira, O Reguiño, A Fenteira e a Aldea. Vimos varios cruceiros.
Cada vez que vou ao medio natural síntome un privilexiado. É a miña paixón. Un percorrido de pouco máis de 19 quilómetros con boa temperatura pero cos inconvenientes da chuvia, o vento e a néboa que nos acompañou de xeito intermitente toda a ruta. Un día perfecto, especial e inesquecible.