VISITAS AL BLOG

lunes, 28 de octubre de 2013

CAZADORES E CAZADOS

Non teño elementos para opinar sobre a caza. ¿É un deporte?  É algo que non me gusta, non me gusta nada de nada; ¡detéstoa!
Cazar competindo. Os que saben do tema, din que é deporte. Conseguir máis pezas en menos tempo. ¿E quen é o mellor cazador? O campión da competición, será aquel que máis animais mate.
A Real Academia Española da Lingua di: Cazar, buscar ou seguir ás aves, fieras e outras moitas clases de animais para cobralos ou matalos. O fin último matalos, descoñezo si existe caza para cobralos. Sería ideal; a caza sen morte.
Os puristas defenden a caza social, de respecto ao medio natural, o compañerismo, o uso responsable das armas, o espírito deportivo e a xestión racional do medio natural.
Estamos en tempada de caza. Moitísimas persoas acoden ao monte en datas sinaladas para practicar este deporte ou actividade. Nada que dicir, nin que obxetar a todos os partidarios desta actividade cinexética. Total respecto.
O monte, a montaña é de todos/as, para gozar. Non pode ser que, de súpeto, véxasche nun círculo de ráfagas cruzadas, disparadas por armas sofisticadas ao movemento duns arbustos, silveiras ou matogueiras, sen esperar a ter a certeza de que se trata de aves, fieras e outras moitas clase de animais dos que nos fala a Real Academia. Tanta tecnoloxía, coma se tratásese dunha guerra animal con ventaxa do home, coa artillería militar fronte ao instinto dos animais por conservar a vida.
Descoñezo a normativa sobre este particular, pero entendo que haberá que sinalizar os lugares nos que se realizan batidas; refírome á caza maior. A utilización de armas ao aire libre, deberían autorizarse baixo certos condicionantes ou factores psicolóxicos. Disparar ao ruído, ao movemento, pode levar a situacións irreversibles. E non falemos de circunstancias fatídicas ou imponderables como o rebote dunha bala.
Acudimos á montaña para camiñar. Intentamos con todas as nosas forzas que non se note que estivemos nela para non mudar o seu equilibrio. Cazadores e non cazadores podemos gozar de xeito responsable sen que os segundos resulten cazados.