VISITAS AL BLOG

domingo, 9 de diciembre de 2012

FRAGA DO RÍO BARRAGAN

Una mañana lluviosa, otoñal y desapacible. Nuestro destino el bonito pueblo de Moscoso en el Ayuntamiento de Pazos de Borbén para recorrer a píe una ruta recientemente recuperada por la comunidades de Moscoso, Calvos, Xunqueiras y Traspielas. Faro de Vigo se hizo eco de la inauguración de  esta ruta de pequeño recorrido en días anteriores. Merece la pena, y mucho, visitar un bosque de valor incalculable y mágico. Toda la ruta discurre por las riberas del río Barragán. Molinos recuperados, presas que los alimentan, puentes de piedra, pasales muy utilizados en tiempos pasados. Salimos de Moscoso con lluvia, por momentos muy intensa, con un recorrido total de 19 km. Ha merecido la pena. Aprovechamos para visitar el Monte Cidade incluido en este recorrido bautizada como PR-G  164. Cerca de esta civilización "Castrexa" está el embalse de Eiras que se nutre del río Oitavén, el regato Cambichas y el río Barragán, este último alberga una fraga bien conservada y que merece la pena visitar una y otra vez. 

CAMIÑO CIRCULAR DE COLES


Este sendeiro está case todo sinalizado polo que pode facerse sen GPS. Comezaremos a nosa andaina na aldea de Meriz e imos seguir case sempre as marcas brancas e azuis de sendeiro local.
 Logo de pasar a igrexa de Meriz e un cruceiro, metémonos por un camiño que nos leva ata unha zona moi frondosa a beira do rego Lusín e con dous muíños restaurados. Pasando unha colosal rocha cabaleira e outros dous muíños, temos que seguir por unha corredoira que baixa a esquerda, antes de chegar a unhas casas. Pasamos por riba de un muro, que fai de sendeiro, para chegar a Seoane e despois de uns cen metros collemos unha corredoira que baixa a esquerda e nos mergullamos nunha fraga. Se vamos atentos, veremos que hai un sinal que nos indica baixar por medio do bosque por un carreiro pouco definido, pero, coidado, nos seguimos de fronte por a congostra que remata en Prado. Aquí veremos a igrexa románica (con parte superior barroca) de San Xulián de Rivela, así como un calvario e a casa reitoral do século XVIII con súa capela. Agora baixamos uns cen metros polo asfalto e logo de pasar, a esquerda, unha casa grande con unha troneira por onde se disparaba, saímos da estrada a man dereita para pasar por o núcleo da aldea de Rivela, con casas de pedra e madeira con seu patín. Atravesamos a estrada e unha fonda corredoira nos leva sempre rectos a unha pontella sobre o Lusín. A setenta metros chegamos a un cruce de sendeiros: o local, con sinais brancos e azuis, o de curto percorrido (branco e amarelo) e o de longo percorrido desde Ourense a Os Peares (branco e vermello). A este punto volveremos logo de seguir o sendeiro que baixa ata o clube náutico de Rivela no río Miño e cunha contorna de gran beleza. Retornamos ao punto anterior de encrucillada de sendeiros e subimos a dereita para pasar por Outeiro, seguindo as marcas brancas e azuis. Saíndo da aldea imos por a corredoira da esquerda e atravesando de novo o rego Lusín, atopámonos nunha fraga das que non se poden deixar de ver. A frondosidade e o murmurio da auga son abraiantes. Subindo polo bosque chegamos a corredoira que pasamos antes de Prado e desde aquí desfacemos o treito de ida para rematar en Meriz, onde comezamos. Sendeiro altamente aconsellable pola súa beleza natural.


PAIXÓN POLA MONTAÑA


As actividades en montaña poden ser moi diversas, ademais podémolas practicar en diversas épocas do ano e tamén sabemos que as condicións meteorolóxicas na montaña (xeralmente en Alta Montaña) poden cambiar repentinamente e converter un día estival nunha xornada totalmente invernal, é por isto, que as recomendacións en canto a vestimenta, alimentación, etc., para xornadas en montaña poden variar atendendo a distintos factores; predición meteorolóxica, número de días que pasaremos fóra, época do ano na que nos encontramos, media ou alta montaña, pasa a noite en refuxio ou tenda,...

As actividades de promoción ou de nivel inicial, normalmente son excursións ou travesías (sendeirismo) e ascensións a picos das serras da provincia (montañismo) ou das de arredor. Consisten en facer un percorrido no día, saíndo cedo  e regresando ao atardecer. A experiencia que dá a realización de varias actividades deste tipo permítenos decidirnos pola práctica das distintas modalidades do Montañismo (alpinismo, escalada, etc.) ou continuar co sendeirismo-montañismo se iso é o que nos gusta ou non temos máis pretensións.
Pero o máis lóxico, se careces de toda experiencia, é que empeces polo principio, por actividades sinxelas. Deberás pensar todo o que necesitaras, son bastantes cousas, pero non tantas como nun principio poderías imaxinar, e o que non debes facer é ir cargado cunha mochila como un armario. só levaremos cousas estritamente imprescindibles ou necesarias.

CAMIÑO DOS ARRIEIROS


CAMIÑO DOS ARRIEROS
Este sendeiro forma parte da Rede de Camiños Naturais promovidos polo Ministerio de Medio Ambiente, de cuxa páxina web podedes sacar máis información e o mapa da ruta, o cal aconsello aos que fagan a ruta sen GPS xa que o percorrido ten algunhas derivacións e variantes.
Nos paneis informativos da ruta lese o seguinte:
"O Camiño Natural dos Arrieiros é unha posta en alza de espectaculares paraxes naturais abundantes en flora autóctona, viñedos, aldeas e un importante patrimonio para ser admirado por veciños e vistantes. O seu percorrido componse dun camiño principal de 9 Km entre Fonteantiga-Mesego-Varón e 5 km de subtramos por diversas localidades.
Trátase dun camiño natural asentado sobre un antigo camiño real da época medieval denominado "Ruta dos Arrieiros". Este camiño xurdíu polo interese de comercializar o viño do Ribeiro que tiñan os mosteiros cirtercienses da comarca. Así, dende o século XIV, e grazas a demanda crecente deses viños en boa parte de Europa, esta vía de comunicación adquiriu un enorme auxe.
É a partir do século XVII co peche dos mercados ingleses e portugueses é cando este comercio desvíase cara o interior abandonando esta ruta que transcorre por paraxes de enorme interese paisaxístico e ambiental, situados nun área de transición entra as terras baixas do Ribeiro e a montaña.
Trátase dun territorio de encontro e transición entre as terras do val vinícola do Ribeiro e as terras do pan do Carballiño, organizadas sobre un eixe que recorre o regato do Barón no seu discorrer polo amplo val tectónico onde brotan mananciais mineralizados.
As rutas discorren por terras de bocarribeira con intensa humanización e habitadas dun modo sustentable ata mediados do século XX, momento no se vive un proceso de emigración de tal intensidade que orixinou que boa parte das aldeas que recorremos pola ruta se encontren practicamente deshabitadas, mantendo intacto a trama do hábitat tradicional das estructuras graníticas dominantes".

CURAVACAS


Curavacas 2.524 metros
Saída dende Vidreiros  (apm)  ACTIVIDADE A REALIZAR CO CLUBE NO 2013

FICHA TÉCNICA DA ACTIVIDADE A REALIZAR
. Nome: Ascensión ao Curavacas.
. Data de realización: setembro de 2010
. Dificultade: Alta. A néboa un problema, risco, precipicios
. Localización: Montaña Palentina. Bisbarra de Fontes Carrionas.
. Acceso: A través da localidade de Triollo, tomando a estrada local ata Vidrieros
. Distancia: 10 km aproximadamente.
. Tempo: 6 horas ¿¿???
. Tipo de firme: Senda montañeira pedreiros, camiño.
. Desnivel: 1.175 metros
. Cota mínima: 1.276 metros
. Cota máxima: 2.451 metros
. Auga: Cruce co Regueiro Cabriles antes de iniciar a forte suba.
. Refuxios: Ningún
É importante levar líquidos e sólidos.

En verán o Curavacas pola súa vía clásica, é un cumio accesible que non presenta ningunha dificultade técnica, salvo o desnivel forte que superaremos en poucos quilómetros. Fóra da época estival o Curavacas esixe experiencia en neve e materiais técnicos. Fóra do verán debemos extremar as precaucións no paso da cara sur á norte, xa que este terreo adoita encontrarse xeado.
Se ben a suba polos pedreiros é moi penosa, a baixada é realmente divertida e rápida.
NOTAS ELEMENTAIS
O Curavacas é o cumio máis famoso e coñecido da montaña palentina. Dende Triollo ofrece unha aparencia poderosa de fortaleza inexpugnable que nos deixará admirados. Unha das estampas máis belas da montaña palentina.
É unha montaña moi bonita de colosais paredes de conglomerado. Presenta unha cor peculiar, mostrando escuras tonalidades coloreadas de mofos e líquenes.

Iniciamos esta ascensión na praza do pequeno pobo de Vidrieros, ao lado do único bar da localidade.
O camiño é evidente, porque ningún momento perderemos de vista ao coloso que se levanta orgulloso ante a mirada.

Temos que remontar o regueiro Cabriles, primeiro por camiño e despois por sendeiro, atravesando un piñeiral.
Superado o arboredo, o Curavacas móstranos xa unha cara máis amable e menos intimidatoria. Ao chegar ao cruzamento co Regueiro Cabriles debemos abastecernos de auga, xa que a partir de aquí non a encontraremos en ningún punto.

Iniciamos a suba ao Callejo Grande. Temos que ter como referencia sempre "o dente de oso". Na suba bordearemos a extensa pedreira pola dereita, aproveitando as incursións na matogueira e a proximidade dos esporóns rochosos.

O sendeiro é moi claro e os fitos levarannos practicamente ás cegas polo corredor, polo que non ten perda a suba. A néboa pode ser un problema. É o meu gran temor.

A canle estréitase pouco a pouco ata converterse nun angosto corredor que nos obrigará a efectuar un destrepe, entrando na cara norte, deixando atrás xa a cara sur.

Continuaremos ascendendo xa coas primeiras vistas da cara norte. Pronto chegaremos ao noso obxectivo, o cume este do Curavacas. Antes veremos unha bela estampa do solitario Pozo Curavacas.

Chegaremos ao cumio marcado con vértice xeodésico a 2.524 metros de altitude. Alí veremos unha cruz, unha caixa de correo montañeiro e unha campá. Preto divísase os outros dous cumios que forman o Curavacas con algúns neveiros perpetuos. Dende un lugar máxico, como este, se observaremos o Pozo Curavacas, o Pena Prieta e como pano de fondo os Picos de Europa.
Parece ser que no cumio se coincide con outros montañeiros.
Para non se complicar a vida, o máis conveniente é regresar polo mesmo sitio. As baixadas adoitan ser máis divertidas; rómpenme as pernas, en particular, os xeonllos.
No bar de Vidrieros non vén nada mal unha birra sen alcohol, cacahuetes e améndoas para repoñer forzas.
Onde papear: Cardaño de arriba

A SERRA DO FARO


A SERRA DO FARO
Había que madrugar porque la actividad lo requería; recorrer a SERRA DO FARO. Teníamos que llegar a POVADURA lo más temprano posible,  límite con la provincia de Ourense;  accedemos a Cea por la N-525  y nos desviamos en el casco urbano hacia Oseira y unos kilómetros  más allá del Monasterio nos encontramos con el punto de inicio anteriormente indicado.  El recorrido era ambicioso, largo y difícil. La  montaña te compensa de manera increíble y te llena.
Temperatura relativamente agradable y mucho viento que provocaba cierta incomodidad; los cortavientos y los gorros fueron prendas indispensables. Las mochilas repletas, especialmente líquidos, alguna ropa y comida (bocadillo de jamón  fruta). Brújula y mapa.
Se trataba de recorrer estos parajes de belleza única y con unas vistas envidiables. Estas montañas separan comarcas y provincias diferenciadas; a la izquierda (PO) Rodeiro y Lalín (Comarca del Deza) y a la derecha (LU) Chantada y Monforte de Lemos (inicio de la Ribeira Sacra Lucense) que, en una línea o punto imaginario, confluyen  con la provincia de Ourense (Concello de Cea). (PO y LU) con OU.
El ecosistema  de estas montañas es básicamente el monte bajo (xestas,  toxos, carpazás, etc.) y en las zonas bajas encontramos  bosque caducifolio; algunos pinos (plantaciones).
Un recorrido aleatorio elegido sobre la marcha, improvisando: O Marco, Piorno, Rego de Pena Boa, Penas Grandes, O Brazal, O Foxo, Monte do Candeo, Preguntoiro, Pena Furada, Porriños, Pena das Grallas, Costa do Faro, Pena Maior, Mirante, Serra do Faro, Ermida do Faro, Coto Salgueiro. Seguro que  queda algún lugar en el tintero; no importa.
 Es invierno y anochece pronto por lo que decidimos regresar. El cansancio hacía acto de presencia. Variamos el camino de regreso, pateando por otros lugares, sin perder el rumbo, atentos a la brújula. La noche es temerosa, sobretodo en invierno.
Un sábado inolvidable, agotador. Un sábado maravilloso. Y es que la montana me llena, me da vida, a veces pienso que me hace mejor. Tal pensamiento no puede ser posible.