VISITAS AL BLOG

domingo, 9 de diciembre de 2012

CURAVACAS


Curavacas 2.524 metros
Saída dende Vidreiros  (apm)  ACTIVIDADE A REALIZAR CO CLUBE NO 2013

FICHA TÉCNICA DA ACTIVIDADE A REALIZAR
. Nome: Ascensión ao Curavacas.
. Data de realización: setembro de 2010
. Dificultade: Alta. A néboa un problema, risco, precipicios
. Localización: Montaña Palentina. Bisbarra de Fontes Carrionas.
. Acceso: A través da localidade de Triollo, tomando a estrada local ata Vidrieros
. Distancia: 10 km aproximadamente.
. Tempo: 6 horas ¿¿???
. Tipo de firme: Senda montañeira pedreiros, camiño.
. Desnivel: 1.175 metros
. Cota mínima: 1.276 metros
. Cota máxima: 2.451 metros
. Auga: Cruce co Regueiro Cabriles antes de iniciar a forte suba.
. Refuxios: Ningún
É importante levar líquidos e sólidos.

En verán o Curavacas pola súa vía clásica, é un cumio accesible que non presenta ningunha dificultade técnica, salvo o desnivel forte que superaremos en poucos quilómetros. Fóra da época estival o Curavacas esixe experiencia en neve e materiais técnicos. Fóra do verán debemos extremar as precaucións no paso da cara sur á norte, xa que este terreo adoita encontrarse xeado.
Se ben a suba polos pedreiros é moi penosa, a baixada é realmente divertida e rápida.
NOTAS ELEMENTAIS
O Curavacas é o cumio máis famoso e coñecido da montaña palentina. Dende Triollo ofrece unha aparencia poderosa de fortaleza inexpugnable que nos deixará admirados. Unha das estampas máis belas da montaña palentina.
É unha montaña moi bonita de colosais paredes de conglomerado. Presenta unha cor peculiar, mostrando escuras tonalidades coloreadas de mofos e líquenes.

Iniciamos esta ascensión na praza do pequeno pobo de Vidrieros, ao lado do único bar da localidade.
O camiño é evidente, porque ningún momento perderemos de vista ao coloso que se levanta orgulloso ante a mirada.

Temos que remontar o regueiro Cabriles, primeiro por camiño e despois por sendeiro, atravesando un piñeiral.
Superado o arboredo, o Curavacas móstranos xa unha cara máis amable e menos intimidatoria. Ao chegar ao cruzamento co Regueiro Cabriles debemos abastecernos de auga, xa que a partir de aquí non a encontraremos en ningún punto.

Iniciamos a suba ao Callejo Grande. Temos que ter como referencia sempre "o dente de oso". Na suba bordearemos a extensa pedreira pola dereita, aproveitando as incursións na matogueira e a proximidade dos esporóns rochosos.

O sendeiro é moi claro e os fitos levarannos practicamente ás cegas polo corredor, polo que non ten perda a suba. A néboa pode ser un problema. É o meu gran temor.

A canle estréitase pouco a pouco ata converterse nun angosto corredor que nos obrigará a efectuar un destrepe, entrando na cara norte, deixando atrás xa a cara sur.

Continuaremos ascendendo xa coas primeiras vistas da cara norte. Pronto chegaremos ao noso obxectivo, o cume este do Curavacas. Antes veremos unha bela estampa do solitario Pozo Curavacas.

Chegaremos ao cumio marcado con vértice xeodésico a 2.524 metros de altitude. Alí veremos unha cruz, unha caixa de correo montañeiro e unha campá. Preto divísase os outros dous cumios que forman o Curavacas con algúns neveiros perpetuos. Dende un lugar máxico, como este, se observaremos o Pozo Curavacas, o Pena Prieta e como pano de fondo os Picos de Europa.
Parece ser que no cumio se coincide con outros montañeiros.
Para non se complicar a vida, o máis conveniente é regresar polo mesmo sitio. As baixadas adoitan ser máis divertidas; rómpenme as pernas, en particular, os xeonllos.
No bar de Vidrieros non vén nada mal unha birra sen alcohol, cacahuetes e améndoas para repoñer forzas.
Onde papear: Cardaño de arriba

No hay comentarios:

Publicar un comentario