Os principais índices europeos
pecharon en vermello, a pesar do acordo de supervisión bancaria. Concretamente,
acordáronse as bases legais sobre a futura
entidade de supervisión bancaria que entrará en vigor o 2014.
Neste sentido, ao
Banco Central Europeo, asignóuselle a vixilancia das
entidades financeiras con activos superiores aos 30.000 millóns de euros. No
mercado da débeda, as primas de risco dos
principais países periféricos mantivéronse sen grandes cambios. A xeito de
exemplo, a prima de risco italiana mantívose estable
nos 372,800. Finalmente, o euro apréciase un 0,11% situando o cambio en 1,3082
euros por dólar.
O FTSE-100 baixa un 0,27%
situándose nos 5.929,61 puntos. Os valores que máis perden son Wood Group e
AstraZeneca, que se deixan respectivamente un 4,55% e
un 2,76%. Na outra cara, estánTullow Oil e United Utilities 2,88%
e un 1,67% cada unha.
O CAC-40 déixase un lixeiro
0,10% albergando os 3.643,13 puntos. As empresas máis prexudicadas son Technip e
Cap. Gemini que perden máis dun 1%, mentres
que Veolia e Renault avanzaron un 2,63% e un 1,49%,
respectivamente.
O DAX-30 perde un 0,43% ata
os 7.581,98 puntos. Na zona vermella, temos a Deutsche Bank e RWE déixanse
un 2,71% e 2,65% tras presentar resultados. En
cambio, as que máis se revalorizan sonLufthansa e Múnic RE con
avances en torno ao 0,50%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario