Saber alimentarse e escoitar as necesidades enerxéticas do noso corpo é outro dos aspectos que marcan a fronteira entre a gran travesía pracenteira ou extenuante.
Como cada noite durmimos en albergue ou refuxio, debemos optar almorzos completos, que inclúan zume, froita, iogur, tostadas con marmelada e manteiga. Con iso teremos enerxía para boa parte da xornada. Como solucionar a comida do medio día? Podemos conseguir unha bolsa de pícnic, pero xeralmente son caras e pouco satisfactorias. Será mellor cargar con algo lixeiro e sacrificar as papilas gustativas en beneficio da comida liviá e moi enerxética que someter ao organismo a un esforzo de dixestión que nos pode pasar factura con chumbo na barriga e nos pés. Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario