VISITAS AL BLOG

martes, 25 de diciembre de 2012

CAMIÑO DOS ARRIEIROS COMARCA CARBALLIÑO


Día festivo e chuvioso. Un día excelente para vivir o medio natural.
Percorrer o "Camiño dos Arrieros" é un luxo, unha nova experiencia cargada de sensacións agradables. Un camiño situado nos territorios do Concello deCarballiño; unha ruta circular que permite a elección de distintas alternativas no seu percorrido, con diferentes camiños e cruces para elixir. Sen dúbida, un lugar diferente. Discorre principalmente entre viñedos, carballos (algúns centenarios) e frondosos bosques das ribeiras dos regatos que acollen unha gran diversidade natural. Este estupendo camiño forma parte da rede de "Camiños Naturais de España".
Se ben, parecía lóxico comezar a camiñar en Fonteantiga, fixémolo dende As Caldas de Partovia, con chuvia na primeira parte do percorrido, pero cunha temperatura óptima para camiñar. Unha xornada excelente, inesquecible e máxica. Unha viaxe ao interior do natural, con zonas de beleza única e xenuína. Unha simbiose perfecta entre o medio natural, os seus habitantes, monumentos e tradicións. Ao longo do percorrido encontrámonos con xentes amables que reciben con calor os seus visitantes.
Necesito camiñar, a montaña, o medio natural; é inevitable. Unha camiñada improvisada de máis de catorce quilómetros. Unha exquisitez.
SAN FIZ DE VARÓN, VARÓN, FONTEANTIGAA FRAGA, o pobo abandonado deSONA, PORTO DE EGUASPARTOVIA, O COVELO, REFOXO, ÁS CALDAS, a área recreativa do PENEDOMESEGO, a igrexa de SANTA MARIA e GROVAS son lugares de referencia nun percorrido cheo de contrastes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario