VISITAS AL BLOG

domingo, 9 de diciembre de 2012

PAIXÓN POLA MONTAÑA


As actividades en montaña poden ser moi diversas, ademais podémolas practicar en diversas épocas do ano e tamén sabemos que as condicións meteorolóxicas na montaña (xeralmente en Alta Montaña) poden cambiar repentinamente e converter un día estival nunha xornada totalmente invernal, é por isto, que as recomendacións en canto a vestimenta, alimentación, etc., para xornadas en montaña poden variar atendendo a distintos factores; predición meteorolóxica, número de días que pasaremos fóra, época do ano na que nos encontramos, media ou alta montaña, pasa a noite en refuxio ou tenda,...

As actividades de promoción ou de nivel inicial, normalmente son excursións ou travesías (sendeirismo) e ascensións a picos das serras da provincia (montañismo) ou das de arredor. Consisten en facer un percorrido no día, saíndo cedo  e regresando ao atardecer. A experiencia que dá a realización de varias actividades deste tipo permítenos decidirnos pola práctica das distintas modalidades do Montañismo (alpinismo, escalada, etc.) ou continuar co sendeirismo-montañismo se iso é o que nos gusta ou non temos máis pretensións.
Pero o máis lóxico, se careces de toda experiencia, é que empeces polo principio, por actividades sinxelas. Deberás pensar todo o que necesitaras, son bastantes cousas, pero non tantas como nun principio poderías imaxinar, e o que non debes facer é ir cargado cunha mochila como un armario. só levaremos cousas estritamente imprescindibles ou necesarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario