Coas forzas renovadas dirixímonos a Nogueira de Ramuín, ao
pobo de Luintra para
realizar unha camiñada seguindo un plano que aparece na Web do Concello e que se denomina
CAMIÑANDO MAQUINOS. Unha
ruta circular organizada pola Asociación Os CANEANTES DETARAZANA de 21,79 Km Preciosos lugares, vistas de Ourense, daRibeira
Sacra, Monte Medo; camiños fermosos que antano foron nexos
de unión entre os pobos da bisbarra. Casas típicas de pedra. Un lugar para
gozar nun día soleado, algo ventoso que por momentos se agradecía. O nome desta
ruta é xenuíno, en xerga de tantos e tantos afiadores da zona. A esta xerga
coñéceselle co nome de "barallete";
unha linguaxe secreta das persoas ambulantes e que o nome do percorrido,
significa PERCORRENDO CAMIÑOS. A ruta non ofrece unha gran dificultade, pero
pola distancia (máis de 20 KM) puidera facer que se considere de dificultade
media-alta. Felicitacións sinceras do noso pequeno grupo para a Asociación dos Caneantes
de Tarazana e o
Concello de Nogueira
de Ramuín. A ruta pasa por pr-71 e pr-75,
coñecidos por nós en pasadas visitas á zona. Seguro que volveremos a Nogueira de Ramuín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario