Xurés |
O noso ascenso discorre pola a marxe dereita do río
Vilameá gozando dun carreiro que sempre che invita a paradas curtas para apreciar
a paisaxe. A medida que penetramos
serpentenado polo val, o frío faise notar e o vento sopra máis intenso e a
néboa faise presente. Chegamos ás minas das Sombras, outrora prósperas e agora
abandonadas. Minas de wolframio, mineral moi utilizado na industria da guerra
para endurecer os metais utilizados na fabricación de armas. Parece ser que os
alemáns, a pasar de ter suficiente abundancia deste mineral, pagaban prezos moi
altos para evitar que os aliados tivesen acceso ao mesmo. Unha especie de
barreira de entrada co incremento de prezo. As guerras tamén se gañan así, pero
non foi o caso.
A ascensión ten a súa complexidade, a partir diste
punto; fitos illados e pouco visibles con néboa lévannos ao Pico Sobreiro e
Nevosa a 1.320 e 1.380 metros de altitude respectivamente.
O descenso facémolo pausado, moi pausado e con moitas
fotos. O vento aos poucos rolaba ao norte pero o sol facía acto de presenza e
xa non nos abandonaría ata o final do percorrido. Non regresamos polo mesmo
lugar; por unha pista ben trazada dirección Portela do Home camiñamos amodo,
comendo castañas pilongas, peras conferencia e barritas enerxéticas. As
galletas de chocolate decidimos que non, que engordan moito a quen as come.
Deberemos abandonar a pista para virar á dereita e
baixar monte a través, entre pedras multiformes adornadas coa típica vegetación
do Xurés (mato), guiados por algún que outro fito montañeiro e amodo, polo
resbaladizo do terreo e das baixadas, ás veces verticais. O val do río Vilameá,
máis ben garganta, ofrece ao visitante dous farrallóns graníticos: o Fitoiro e
o Baltare. Xa na capela da nosa señora do Xurés tomámosnos/tomámonos uns bos
bocadillos de xamón e queixo, uvas, laranxa e as galletas recheas de chocolate.
Un día marabilloso na compañía habitual de Carmen e Paqui.
De regreso, visitamos a igrexa visigótica e o
campamento militar romano e a mansión viaria Aquis Querquennis de Porto
Quintela en Bande.
Saúdos.
Buenos días, Antes de nada gracias por la información que compartes. Estoy escribiendo un libro de montaña y me gustaría incluir una foto de esta entrada citando por su puesto autor y blog. Necesitaría el nombre del autor de la fotografía (la persona vestida de rojo) y el año. Puedes escribirme a marcos.illera@gmail.com o aquí mismo si te parece bien. Un saludo.
ResponderEliminar