VISITAS AL BLOG

domingo, 16 de mayo de 2021

XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados

Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. 
Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. 
Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma.

Pois se me declaro inconforme co mundo, se me declaro contradictoria e filla das miñas contradicións (…) a poesía convérteseme nunha táboa de salvación no naufraxio das razóns estritas. Necesidade que xorde da urxencia por entende-lo humano contraposto, pero tamén, e quizais antes, do descontento coa orde establecida, calquera que sexa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario