Doris Lessing morreu. Estou triste. Lin o Caderno
Dourado en galego. Obra intensa, que ilusiona e tamén irrita. A crueldade do
home coa muller e da muller co home, a idea política, o home coa muller. Unha
vida en crise persoal, con vida literaria, sentimento político, o mundo das
emocións e o mundo do cotián da vida. Cadernos negro, vermello, amarelo e azul
forman un corpo literario excepcional e inmortal.